Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 1 de xuño de 2015 Páx. 21404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizos para a elaboración dunha creatividade necesaria para o desenvolvemento das distintas campañas institucionais en datas de especial relevancia, anos 2015 e 2016.

A Secretaría Xeral de Medios, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu publicar a formalización da contratación que se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, número 15, do 23 de xaneiro de 2015.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21924

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo para a elaboración dunha creatividade necesaria para o desenvolvemento das distintas campañas institucionais en datas de especial relevancia, anos 2015 e 2016.

b) Nº de expediente: PA 1/2014.

c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 28 de decembro de 2016.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 190.500 euros, máis 40.005 euros en concepto de IVE. Importe total: 230.505 euros.

5. Formalización:

a) Data de adxudicación: 27 de abril de 2015.

b) Data de formalización: 5 de maio de 2015.

c) Contratista: J&J Publicidad y Comunicación, S.L.

d) Importe de formalización: 161.000 euros, máis 33.810 euros en concepto de IVE. Importe total: 194.810,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: o adxudicatario obtivo a maior puntuación de conformidade cos criterios de valoración previstos no PCAP.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2015

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios