Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 1 de xuño de 2015 Páx. 21406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. número 77/2015, interposto por Marcos López Suárez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. número 77/2015, interposto por Marcos López Suárez, contra a desestimación do recurso de alzada contra a Resolución do 23 de setembro de 2014 do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, pola que se publican diversos acordos relacionados co segundo exercicio da fase de oposición.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública