Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21073

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados

EDICTO (1217/2014).

Vistos por min, Juan Manuel Hermo Costoya, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo de faltas número 1217/2014, sobre unha posible falta de lesións, falta prevista e regulada no artigo 617.1 CP, seguidos neste xulgado, sendo partes, denunciante, Diego Castro Lestido, que actuou coa asistencia do letrado Sr. Senín Fernández; e denunciados, Xaime Dapena Gutiérrez e Uxío Dapena Gutiérrez, que non compareceron ao acto do xuízo. Compareceu o Ministerio Fiscal representado por Marco Montero, resolvo que condeno a Uxío Dapena Gutiérrez e a Xaime Dapena Gutiérrez, como autores cada un deles dunha falta de lesións prevista e penada no artigo 617.1 CP á pena de dous meses de multa, cunha cota diaria de 6 euros, que se os condenados non satisfixeran voluntariamente ou por vía de prema dará lugar a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun mes de localización permanente ou, co seu consentimento expreso, a trinta xornadas de traballos en beneficio da comunidade. E a que indemnicen a Diego Castro Lestido de xeito solidario na cantidade de mil catrocentos noventa e sete euros con oitenta e cinco céntimos (1.497,85 euros), cantidade que se incrementará, se é o caso, cos xuros legais do artigo 576 da LAC desde a data da presente resolución, en concepto de responsabilidade civil polos danos e perdas sufridos. As custas procesuais correspondentes a estas faltas impóñenselle aos condenados.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme, e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, no prazo de cinco (5) días desde a recepción desta notificación, mediante escrito presentado ante este xulgado, redactado conforme os artigos 790 a 792 da LAC.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino. Dou fe.

Rubricado