Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de maio de 2015 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PON/336/2014, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu interesado ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/336/2014 a Ramiro Paz Rey, en relación coas obras de construción dunha vivenda unifamiliar, muros de contención, instalación dunha grella e dun contedor metálico e movementos de terra no lugar de Novás, Portela, no termo municipal de Cuntis, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística