Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 14 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Xefatura Territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Fernández Ladreda, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 14 de maio de 2015

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0180/2014-VNA.

Denunciada: Beatriz Sales Arias.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0019/2015-IUL.

Denunciado: José Seves Martínez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: SAN-PO-0023/2015-MP.

Denunciado: Jesús Diego García Vázquez.

Acto de notificación: acordo de incoación.