Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 19 de maio de 2015, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do 30 de marzo de 2015, ditada no expediente sancionador AC-194/14, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á titular que no anexo se menciona a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non se puido practicar a notificación.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince (15) días, conforme co disposto no artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (BOE núm. 159, do 9 de agosto), para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes perante o instrutor do procedemento, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nos locais da Área Provincial de Turismo da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, sitos na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, A Coruña, en horario de atención ao público, e a obter, de ser o caso, as copias que consideren oportunas.

A Coruña, 19 de maio de 2015

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-194/14.

Denunciada: Barraca Galera, S.L.

NIF: B-27781996.

Establecemento: La Barraca.

Enderezo: rúa Galera, nº 13.

Localidade: A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 109.2 letra a) da Lei 7/2011.

Proposta de resolución: 30 de marzo de 2015.

Sanción: multa de cen euros (100 €).