Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 4 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de inicio do procedemento de reintegro de axudas concedidas ao abeiro do Programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 15 de xaneiro de 2009) (expedientes TR345B 2009/8-3 e dous máis).

Intentada a notificación destes acordos, segundo o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica por seren devoltas polo servizo de Correos, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles ás persoas interesadas o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento destas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para que poidan realizar as alegacións e presentar a documentación que consideren oportuna, no prazo de quince (15) días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación. Á vista das alegacións e da documentación presentada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselles o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida da Habana, 79, 7ª planta, Ourense, e a obter, se é o caso, copia do acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 4 de maio de 2015

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: TR345B 2009/8-3.

Nome: María del Carmen Justo Méndez.

NIF/CIF: 34993507L.

Último enderezo coñecido: rúa progreso, nº 155, 1º, local E, 32003 Ourense.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5 da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Expediente: TR345B 2009/210-3.

Nome: Galega de Xestión e Reformas, S.L.

NIF/CIF: B32396582.

Último enderezo coñecido: rúa Encarnación, nº 2, 4º C, 32800 Celanova, Ourense.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5 da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Expediente: TR345B 2009/225-3.

Nome: José Benito Colmenero Leites, S.C.

NIF/CIF: G32365637.

Último enderezo coñecido: rúa Ervedelo, nº 31, ent. (Asesoría Acio), 32003 Ourense.