Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21136

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2015018TA-LU por infraccións en materia sanitaria.

O 24 de abril de 2015, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2015018TA-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Jorge Luis Rubal Rico.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Jorge Luis Rubal Rico o contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 14 de maio de 2015

Patricia Daporta Padín
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº do expediente: 2015018TA-LU.

Interesado: Jorge Luis Rubal Rico.

DNI: 77592875-Y.

Último enderezo coñecido: rúa Recatelo, 9, baixo, 27002 Lugo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 7.ñ) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).