Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Rábade (expediente IN407A 2015/18-2, 8212 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: LMT Sigalsa. Tramo Sigalsa 4-Sigalsa 3.

Situación: concello de Rábade.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada en canalización existente con orixe nunha cela do CT Sigalsa 3 (12378) e final nunha cela existente do CT Sigalsa 4 (9880) cunha lonxitude de 360 metros en condutor tipo RHZ-240.

2. Centro seccionamento en edificio prefabricado tipo PFU-3 no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección con interruptor automático.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 7 de maio de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo