Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Foz (expediente IN407A 2015/17-2, 8211 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, Rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: LMT soterrada entre paso aerosoterrado Fondós e CT Trebol (CD 10050).

Situación: concello de Foz.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada en canalización existente con orixe nun paso aéreo a soterrado na LMT Foz (20 kV) e final nunha cela existente do CT Trebol (CD 10050), cunha lonxitude de 560 metros en condutor tipo RHZ-240, en substitución do RHZ 95 existente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 7 de maio de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo