Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20851

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO do 15 de abril de 2015 referente ao acordo sobre a convocatoria e as bases de dous procesos de funcionarización e a convocatoria e as bases para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto técnico-técnico urbanista.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 69, do 15 de abril de 2015, aparecen publicadas integramente as bases que deberán rexer dous procesos de funcionarización e un proceso de selección para a cobertura en propiedade das seguintes prazas de persoal funcionario do Concello de Arteixo:

Técnico superior de proxectos: 1 praza, grupo B (funcionarización, concurso-oposición restrinxido).

Delineante: 1 praza, grupo C1 (funcionarización, concurso-oposición restrinxido).

Arquitecto técnico-técnico urbanista: 1 praza, grupo A2 (concurso-oposición libre).

As instancias que soliciten participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no Rexistro Xeral do Concello, dirixidas ao alcalde-presidente da corporación, no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 15 de abril de 2015

P.D. (Decreto 989/2011)
José María Sánchez Novo
Concelleiro de Persoal e Recursos Humanos