Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2015 pola que se anuncia a licitación do contrato de subministración da infraestrutura científico-tecnolóxica para a ampliación do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicacións (CITIC): dotación dos laboratorios de comunicacións sen fíos e televisión dixital, cofinanciada nun 70 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), Programa operativo UNLC10-1E-718 (expediente 2015/1009 (2 lotes).

– Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación.

2º Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña, r/ Mestranza, núm. 9, 1º andar.

3º Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1118, 1038).

5º Telefax: +34 981 16 70 20.

6º Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es.

7º Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.gal/contratacionadministrativa.

8º Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

* Número de expediente: 2015/1009 (2 lotes).

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: infraestrutura científico-tecnolóxica para a ampliación do CITIC: dotación dos laboratorios de comunicacións sen fíos e televisión dixital. Lote 1: servidores para dotación do laboratorio de televisión dixital. Lote 2: osciloscopio de altas prestacións.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, 2 lotes.

d) Lugar de execución/entrega: CITIC:

1º Domicilio: Campus Elviña.

2º Localidade e código postal: A Coruña 15071.

e) Prazo de execución/entrega: 60 días naturais (para cada lote).

f) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

g) CPV (referencia de nomenclatura): lote 1: 48822000-6. Lote 2: 38342000-4.

– Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no PCAP.

– Valor estimado do contrato: 105.366,46 euros.

– Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 105.366,46 euros. Lote 1: 36.161,16 euros. Lote 2: 69.205,30 euros. Importe total: 127.493,42 euros. Lote 1: 43.755 euros. Lote 2: 83.738,42 euros.

– Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

– Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser o caso): os que figuran no PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): as que figuran no PCAP.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no PCAP.

– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo remata en sábado ou día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade da Coruña.

2º Domicilio: Reitoría, r/ Mestranza, núm. 9.

3º Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no PCAP.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no PCAP.

– Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Enderezo: Reitoría, r/ Mestranza, núm. 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Data e hora:

1º Apertura do sobre B: o cuarto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas. Se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

2º Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil do contratante, o día e a hora en que terá lugar.

– Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxdicatarias a pro rata.

– Outras informacións: o adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8-9 do Regulamento CE nº 1080/2006, do Parlamento Europeo e do Consello, e concordantes, relativo ao Feder.

A Coruña, 4 de maio de 2015

P.D. (Resolución 16.1.2012)
Juan M. Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña