Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20742

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (4110/2015).

Neste órgano xudicial foi interposto recurso contencioso-administrativo polo procurador Jorge José Astray Suárez, en nome e representación da Plataforma Crematorios Non en Pontevedra Leste, fronte á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sobre aprobación definitiva da modificación puntual del Plan xeral de ordenación urbana de Pontevedra, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 23, do 4 de febreiro de 2015.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación de data do 21 de abril de 2015 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince (15) días para que comparezan aqueles que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 21 de abril de 2015