Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20858

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Asomega

ANUNCIO polo que se convoca a XIX edición do Premio Novoa Santos.

Presentación.

1. A Asociación de Médicos Gallegos, Asomega, organiza o Premio Novoa Santos, convocando a XIX edición do mesmo.

2. Colabora con Asomega nesta convocatoria a Fundación Uniteco.

– Bases do premio:

1. Poderán tomar parte neste premio persoas relevantes galegas, ou directamente vinculadas a Galicia, da medicina-sanidade, cuxo labor profesional ou científico fose de repercusión nacional ou internacional e especificamente de proxección cara a Galicia.

2. As propostas dos candidatos deberán ser realizadas por: universidades, reais academias ou colexios profesionales da medicina, farmacia ou veterinaria, sociedades científicas, hospitais, fundacións, etc., ou un grupo mínimo de oito profesionais médico-sanitarios.

3. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Un resumo do curriculum vitae do candidato en formato electrónico (PDF).

b) Unha memoria en que se expoñan os méritos do candidato nun máximo de cinco follas (PDF).

4. O galardoado aceptará o compromiso de pronunciar unha conferencia do tema médico-sanitario, que considere foi motivo do Premio Novoa Santos.

5. Non poderán concorrer os membros da Xunta Directiva de Asomega.

6. As solicitudes e documentación, cuxo prazo límite de presentación rematará o día 15 de xuño de 2015, serán dirixidas ao secretario de Asomega, r/ Santa Cruz de Marcenado, 31, 7º-22. Madrid 28015. Tel. 677 04 60 72. Correo electrónico asomegasecretaria@gmail.com .

– Premio:

1. O Premio Novoa Santos será outorgado por un xurado constituído pola Xunta Directiva de Asomega. Para tal fin, celebrarase unha reunión da Xunta Directiva, e a súa decisión, ante o cal non caberá reclamación nin recurso, darase a coñecer a continuación.

2. O galardón consistirá en 12.000 euros, diploma e medalla conmemorativa do Premio Novoa Santos. O premio é indivisible.

3. No mesmo ano 2015, a Xunta Directiva de Asomega fará entrega do Premio Novoa Santos ao galardoado, o cal pronunciará unha conferencia do tema médico-sanitario que considere que foi o motivo de tal mérito

Madrid, 4 de maio de 2015

Melchor Álvarez de Mon Soto
Presidente da Asociación de Médicos Gallegos