Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20860

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Nauta Sanxenxo, S.L.

ANUNCIO para a contratación do alugamento do embarcadoiro de transporte de pasaxeiros no porto deportivo de Sanxenxo.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexen a contratación do alugamento do embarcadoiro de transporte de pasaxeiros no porto deportivo de Sanxenxo.

1. Obxecto: a contratación do alugamento do embarcadoiro de transporte de pasaxeiros no porto deportivo de Sanxenxo, conforme o prego de condicións técnicas.

2. Prezo e duración do contrato: o orzamento mínimo de licitación anual, sen incluír o imposto sobre o valor engadido, é de 22.337,55 €, o IVE ascende a 4.690,89 €, e o orzamento mínimo de licitación con IVE, é de 27.028,44 €.

O prazo de duración do contrato será de catro anos, con posibilidade dunha prórroga doutros dous anos como máximo.

3. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto.

4. Lugar e prazo de presentación das ofertas: as proposicións presentaranse en Nauta Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 de luns a venres e sábados das 10.00 ás 13.00 horas, dentro do prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello de Sanxenxo, www.sanxenxo.es . O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que, se o prazo remata en festivo ou sábado, se ampliará ao día seguinte hábil que non fose sábado.

5. Criterios de adxudicación: serán os determinados na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas que rexen esta contratación.

6. Mesa de contratación: constituirase conforme o disposto na cláusula 10ª do prego de cláusulas administrativas.

7. Garantías: definitiva do 5 % do importe total da adxudicación excluído o IVE.

8. Entidade e información: Nauta Sanxenxo. Teléfono: 986 72 05 17.

Documentación: recollerase en Nauta Sanxenxo e a través da web:

www.sanxenxo.es

Sanxenxo, 7 de maio de 2015

Catalina González Bea
Presidenta do Consello de Administración