Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de reintegro parcial de axuda para programas agrarios de mellora técnica e desenvolvemento sustentable dos procesos produtivos agrícolas; creación e mellora de empresas de servizos (ESA) número 103/15/06/00054.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos e comprobado o domicilio social indicado no expediente para efectos de notificación, a través dunha nota simple informativa emitida polo Rexistro Mercantil da Coruña, onde figura inscrita, notifícase á empresa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio para declarar o reintegro parcial de axuda para programas agrarios de mellora técnica e desenvolvemento sustentable dos procesos produtivos agrícolas; creación e mellora de empresas de servizos (ESA).

A persoa interesada relacionada no anexo pode recoller o devandito acordo de inicio no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas en rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data de finalización do prazo.

Concédese á interesada un prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel en que se producise a notificación do acordo de inicio, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue conveniente ao seu dereito, dirixida ao Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Procedemento: reintegro parcial de axuda para programas agrarios de mellora técnica e desenvolvemento sustentable dos procesos produtivos agrícolas; creación e mellora de empresas de servizos (ESA).

Expediente número: 103/15/06/00054.

Interesada: Trabajos Agrícolas José y Andrés, S.L.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: lugar de Santa Mariña do Monte, Moimentos, s/n, 15560, San Sadurniño (A Coruña).