De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos e comprobado o domicilio social indicado no expediente para efectos de notificación, a través dunha nota simple informativa emitida polo Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela, onde figura inscrita, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio para declarar o reintegro parcial de axuda para programas agrarios de mellora técnica e desenvolvemento sustentable dos procesos produtivos agrícolas; creación e mellora de empresas de servizos (ESA).
A persoa interesada relacionada no anexo pode recoller o devandito acordo de inicio no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas en rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento integro do mencionado acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data de finalización do prazo.
Concédese ao interesado un prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel en que se producise a notificación do acordo de inicio, para que poidan formular as alegacións e presentar a documentación que achen conveniente ao seu dereito, dirixida ao Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria Consellería do Medio Rural e do Mar.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2015
Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria
ANEXO
Procedemento: reintegro parcial de axuda para programas agrarios de mellora técnica e desenvolvemento sustentable dos procesos produtivos agrícolas; creación e mellora de empresas de servizos (ESA).
Expediente número: 103/15/06/000010.
Persoa interesada: T.A. Caxuca, S.L.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Último enderezo coñecido: lugar de Fufín, 2, 15881, Vedra (A Coruña).