Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo suxeito a regulación harmonizada do servizo de mostraxe e análise de substancias perigosas nas matrices sedimento e biota nos puntos de control incluídos na Demarcación Hidrográfica Galicia Costa, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (clave OH.088.347.SV).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Número de expediente: OH.088.347.SV.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través da http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: servizo de mostraxe e análise de substancias perigosas nas matrices sedimento e biota nos puntos de control incluídos na Demarcación Hidrográfica Galicia Costa.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71620000-0.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S252, do 31 de decembro de 2013; Diario Oficial de Galicia núm. 249, do 31 de decembro de 2013 e Boletín Oficial del Estado núm. 3, do 3 de xaneiro de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 377.556,06 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 188.778,03 euros. Importe total: 228.421,42 euros. Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea, durante o seu prazo de execución, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: Medio Ambiente, Contorno Natural, Recursos Hídricos e Prevención de Riscos, tema prioritario ou medida 53: prevención de riscos (incluídas a elaboración e aplicación de plans e medidas para prever e xestionar os ricos naturais e tecnolóxicos). Actuación: 3.53.8: medidas de vixilancia das canles para asegurar a súa calidade ambiental. Unha maneira de facer Europa.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 31 de marzo de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 24 de abril de 2015.

c) Contratista: Investigación y Proyectos Medio Ambiente, S.L. (Iproma).

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 137.492,60 euros. Importe total: 166.366,05 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, en que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia