Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de reestruturación de oficinas na Barcia, tramitado polo procedemento aberto, non harmonizado e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 24 de setembro de 2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: obras de reestruturación de oficinas na Barcia, tramitado por procedemento aberto, non harmonizado e documentalmente simplificado.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 489.601,31 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de marzo de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 1 de abril de 2015.

c) Adxudicataria: Construcciones Ángel Jove, S.A.

d) Importe de adxudicación: 383.602,63 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora de Turismo de Galicia