A presidenta da Agrupación Musical de Vincios solicita a inscrición da escola de música Agrupación Musical de Vincios, de Gondomar, no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade coa Orde do 11 de marzo de 1993, que regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas.
Logo de realizar os trámites que establece a normativa vixente, a Xefatura Territorial de Pontevedra envía o expediente cos correspondentes informes.
Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Primeiro. Autorizar a inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da escola de música que se sinala:
Provincia: Pontevedra.
Concello: Gondomar.
Localidade: Gondomar.
Domicilio: r/ Mestra Doña Lola, s/n.
Código do centro: 36014896.
Titular: Agrupación Musical de Vincios.
Denominación: escola de música Agrupación Musical de Vincios.
Segundo. Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 e aos servizos de inspección correspondentes.
Terceiro. O centro deberá solicitar a oportuna revisión da inscrición cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2015
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria