Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2015/117-1).

Expediente: IN407A 2015/117-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS cambio sección LMTS EPU-708A.

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

Tramos de liña de media tensión soterrada EPU-708A:

Tramo I: liña de media tensión soterrada EPU-708A, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,087 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS EPU-708A, tramo entre a subestación Porto (expte. 157/00) e o CS Caixa de Aforros, en condutor RHZ1-20L-12/20 kV-3(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS EPU-708A, tramo entre a subestación Porto (expte. 157/00) e o CS Caixa de Aforros.

Tramo II: liña de media tensión soterrada EPU-708A, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,269 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS EPU-708A, tramo entre a subestación Porto (expte. 157/00) e o CS Caixa de Aforros, en condutor RHZ1-20L-12/20 kV-3(1×240) Al, e final en cela de liña existente na CS Caixa de Aforros.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 27 de abril de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña