Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20419

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2015 pola que se dá publicidade á encomenda de xestión para a execución de obras formalizada por esta entidade.

En cumprimento do disposto no artigo 8.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (Lofaxga), dáse publicidade á formalización da encomenda de xestión, tramitada pola entidade pública Portos de Galicia, para a execución da seguinte obra:

A) Reforzo e mellora do noiro do porto de Santa Cruz (Oleiros).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: reforzo e mellora do noiro do porto de Santa Cruz (Oleiros).

3. Valor estimado da encomenda.

232.462,69 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da orde de execución: 11 de maio de 2015.

b) Entidade (medio propio da Xunta): Tragsa.

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución.

Tres meses e medio (3,5 meses).

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia