Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

EDICTO do 5 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o trámite de audiencia dun expediente de reclamación eléctrica.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á interesada o trámite de audiencia do expediente de reclamación eléctrica que a continuación se relaciona no anexo, ao ser devolto polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día.

A interesado dispón dun prazo de quince días a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto para presentar ante a xefatura territorial a documentación requirida.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na Xefatura Territorial de Ourense, rúa Curros Enríquez , 1-4º.

Ourense, 5 de maio de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesada

DNI/ NIF

Domicilio

IN 635A 2014/148-3

Alcabre Alquileres, S.L.

B36914174

Gaeita, 90, 36212 Vigo (Pontevedra)