Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 21 de maio de 2015 Páx. 20088

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (234/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 234/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio José Barreiro Pires, Antonio Otero Chenel, Jesús Plácido Suárez Villaverde, María del Carmen Canedo Traba, José Penas Iñíguez, Javier Miras Gómez, Victoria Martínez Lago, José Manuel Vaamonde Villasenín contra APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L., sobre ordinario, se ditaron auto e decreto en data 24.4.2015, cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Acordo:

Aclarar a parte dispositiva do auto de data 17.12.2013 no sentido de onde di: “Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Victoria Martínez Lago, fronte a APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L., parte executada, en forma solidaria, por importe de 30.089,62 euros de principal (19.842,09 € indemnización + 10.247,53 € salarios e liquidación por vacacións + 4.308,65 € salarios de tramitación), máis outros 3.008,97 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, máis 200 euros en concepto de honorarios de letrado da parte demandante” debe dicir: “Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Victoria Martínez Lago, fronte a APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L., parte executada, en forma solidaria, por importe de 34.398,27 euros de principal (19.842,09 € indemnización + 10.247,53 € salarios e liquidación por vacacións + 4.308,65 € salarios de tramitación), máis outros 3.439,82 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, máis 200 euros en concepto de honorarios de letrado da parte demandante”.

Modo de impugnación: contra esta resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución, que aquí se aclara/engade.

Así o acordo e asino.

A maxistrada xuíza».

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Acordo:

Aclarar o decreto de data 10.3.2015 no sentido de onde di: “a) Declarar os executados APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L. en situación de insolvencia parcial por importe de 274.321,88 euros en concepto de principal [(9.051,59 euros + 488,86 euros de xuros de mora) de Jesús Plácido Suárez Villaverde + (36.382,90 euros de indemnización + 8.238,46 euros pagas extras do ano 2012, mensualidades de agosto de 2012 a 15 de febreiro de 2013 e parte proporcional de pagas extras do ano 2013 e vacacións do ano 2013) de Sergio José Barreiro Pires + (45.569,65 € indemnización + 7.524,6 € salarios) de José Manuel Vaamonde Villasenín + (19.823,55 € indemnización + 10.247,53 € salarios e liquidación por vacacións + 4.308,65 € salarios de tramitación) de Victoria Martínez Lago + 19.740,32 euros de principal de Javier Miras Gómez + (7.697,18 € indemnización + 10.345,24 € salarios) de José Penas Iñíguez + 61.288,65 euros de principal de María del Carmen Canedo Traba + 33.614,7 euros de principal de Antonio Otero Chenel], máis 27.440,65 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, máis 200 euros de honorarios dos letrados das partes executantes, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional”.

Debe dicir:

a) Declarar as executadas APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L. en situación de insolvencia parcial por importe de 274.321,88 euros en concepto de principal [(9.051,59 euros + 488,86 euros de xuros de mora) de Jesús Plácido Suárez Villaverde + (36.382,90 euros de indemnización + 8.238,46 euros pagas extras do ano 2012, mensualidades de agosto de 2012 a 15 de febreiro de 2013 e parte proporcional de pagas extras do ano 2013 e vacacións do ano 2013) de Sergio José Barreiro Pires + (45.569,65 € indemnización + 7.524,6 € salarios) de José Manuel Vaamonde Villasenín, + (19.842,09 € indemnización + 10.247,53 € salarios e liquidación por vacacións + 4.308,65 € salarios de tramitación) de Victoria Martínez Lago + 19.740,32 euros de principal de Javier Miras Gómez + (7.697,18 € indemnización + 10.345,24 € salarios) de José Penas Iñíguez + 61.288,65 euros de principal de María del Carmen Canedo Traba + (19.972,68 euros de indemnización + 13.642,02 euros de salarios debidos e xuros do artigo 29.3 ET) de Antonio Otero Chenel, máis 27.871,50 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, máis 200 euros de honorarios dos letrados das partes executantes, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional”.

Modo de impugnación: contra esta resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución, que aquí aclara/engade.

Así o acordo e asino. Dou fe.

O/a secretario/a xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2015

A secretaria xudicial