Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 21 de maio de 2015 Páx. 20111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Incio (expediente IN407A 2014/56-2, 8192 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Axencia Galega de Infraestruturas.

Domicilio social: Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

Denominación: LMT, CT e RBT para centro de conservación ordinaria e vialidade invernal na zona sur da provincia de Lugo.

Situación: concello do Incio.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV, con orixe na LMT SAR804 Oural-COG Magnesitas Rubián 4, no apoio D74-23-CH 1600-13-CR1-CA e final no CTI centro de conservación (proxectado), cunha lonxitude de 65 metros en condutor tipo LA-56.

2. Centro de transformación intemperie centro de conservación sobre apoio de formigón, cunha potencia proxectada de 100 kVA e unha potencia instalada de 50 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

3. Rede de baixa tensión soterrada con orixe no CTI proxectado e final no equipamento de medida, cunha lonxitude de 15 metros en condutor tipo RV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54) esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 27 de abril de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo