Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19590

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño) pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 30 de abril de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 14 de abril de 2014 (DOG núm. 80, do 28 de abril), pola que se nomea o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar a reclamación presentada en relación coa puntuación do terceiro exercicio.

Segundo. Declarar a todos/as os/as aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentos da realización do cuarto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4. da convocatoria.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.2.5 da orde de convocatoria, os aspirantes que superaron a fase de oposición disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación relativa á fase de concurso, que deberán dirixir á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de acordo co procedemento establecido para o efecto pola dita dirección xeral na súa Resolución do 18 de novembro de 2014 (DOG núm. 225, do 24 de novembro).

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o/a conselleiro/a de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 30 de abril de 2015

José Manuel González González
Presidente do tribunal