Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19693

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2015 pola que se fai pública a declaración de deserto do procedemento aberto, multicriterio, convocado para a selección de oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario con destino á explotación de nave e rampla varadoiro para reparacións e mantemento de embarcacións no porto de Rianxo.

Mediante Resolución do 30 de abril de 2015, o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 6.3.g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública Portos de Galicia, no artigo 9.h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da entidade pública, e sobre a base da acta da Mesa de Contratación reunida o día 17 de abril de 2015, na que se formula proposta de deserto por estimar que a única oferta presentada non satisfai plenamente as necesidades de explotación portuaria, conforme os criterios de valoración de ofertas establecido no prego de bases e en cumprimento do previsto no segundo parágrafo do artigo 151.3, do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, resolveu declarar deserto o procedemento aberto publicado no DOG, número 231, do 2 de decembro de 2014, para a selección de oferta para a tramitación de ocupación de dominio público portuario con destino á explotación de nave e rampla varadoiro para reparacións e mantemento de embarcacións no porto de Rianxo, por non satisfacer plenamente as necesidades de explotación portuaria.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á notificación da presente resolución, ou, potestativamente, recurso de reposición perante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente resolución (artigos 116 e 117 LRXPAC).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia