Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19409

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 537/2013-CG).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 537/2013-CG

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 651/2012 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial)

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Algupesca, S.L., Mercedes Pino Bouzas

Avogado: Ignacio Alen Hermida

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 537/2013, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Algupesca, S.L. e Mercedes Pino Bouzas, sobre xubilación, se ditou en data do 20 de abril de 2015 auto que, copiado nos particulares necesarios, di:

A sala acorda que debe aclarar e aclara a decisión da sentenza desta Sala do Social do 6 de marzo de 2015 no sentido de declarar a responsabilidade empresarial da codemandada Algupesca, S.L., en proporción á infracotización, sen prexuízo do anticipo por parte do INSS.

Notifíqueselles ás partes advertíndolles que contra esta resolución non cabe recurso ningún. Non obstante o dito no parágrafo anterior, en canto se debe entender que este auto se integra na resolución a que aclara, corrixe, emenda ou complementa, o prazo para interpor o recurso que coubese contra a dita resolución restablécese a partir do momento en que as partes sexan notificadas deste auto. Se algunha das partes interesadas nestas actuacións tiver xa presentado, preparado ou anunciado o pertinente recurso contra a resolución aclarada, corrixida, emendada ou complementada, a súa actuación se reputa válida para todos os efectos, sen prexuízo de que, á vista deste auto, poida completala no prazo que con el se abre.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Algupesca, S.L. actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 20 de abril de 2015

A secretaria xudicial