Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19502

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO do 4 de maio de 2015, por porcedemento aberto, para a contratación, cun só criterio de adxudicación, da execución da obra de reforzo do piso na OU-1110 Baltar-Randín, número 106 POS/2015, no concello de Baltar.

No perfil do contratante publícanse íntegros o prego de condicións, o proxecto e a documentación complementaria para a contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra de reforzo do piso na OU-1110 Baltar-Randín, nº 106 POS/2015, no concello de Baltar, cun tipo de licitación de 95.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, no proxecto e na documentación complementaria a que poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da deputación www.depourense.es . As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 48 perante o servizo de contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, o proxecto técnico, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que vaian rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a presidencia da deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non foren simultáneos).

Ourense, 4 de maio de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense