Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19501

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO do 22 de abril de 2015 de licitación, por procedemento aberto, para a contratación, cun só criterio de adxudicación, da obra do Centro Comarcal para a Revalorización da Castaña, número 10/16/2015, no concello de Parada de Sil.

No perfil do contratante publícanse íntegros o prego de condicións, o proxecto e a documentación complementaria para a contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra do Centro Comarcal para a Revalorización da Castaña, nº 10/16/2015, no concello de Parada de Sil, cun tipo de licitación de 99.996,83 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, no proxecto e na documentación complementaria a que poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da deputación www.depourense.es . As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 48 perante o servizo de contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se estime procedente, o prego de condicións, o proxecto técnico, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que vaian rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a presidencia da deputación no prazo dun mes e alternativamente de recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non foren simultáneos).

Ourense, 22 de abril de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense