Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dunha subministración de catorce (14) vehículos de prevención e defensa contra os incendios forestais (proposta 82/14-I), dous lotes, actuación cofinanciada por fondos do Estado nun 50 % dentro do Plan de desenvolvemento rural sustentable (PDRS 2010-2014), eixe 2, infraestruturas e equipamentos básicos (expediente 11/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de catorce (14) vehículos de prevención e defensa contra os incendios forestais (proposta 82/14-I).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21771

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 26 de decembro de 2014, BOE do 9 de xaneiro de 2015 e DOG núm. 5, do 9 de xaneiro de 2015.

e) División por lotes e número: si.

• Lote 1: once (11) vehículos todoterreo con capacidade mínima para tres persoas e 3.000 litros de capacidade útil para auga.

• Lote 2: tres (3) vehículos todoterreo con capacidade mínima para cinco persoas e 2.400 litros de capacidade útil para auga.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto e anticipado de gasto.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 1.735.537,16 €; IVE (21 %): 364.462,80 €. Importe total: 2.099.999,96 €.

Valor estimado: 1.735.537,16 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

• Lote 1: once (11) vehículos todoterreo con capacidade mínima para tres persoas e 3.000 litros de capacidade útil para auga.

a) Data da resolución de adxudicación: 6 de marzo de 2015.

b) Adxudicataria: Incipresa, S.A.U.

c) Importe: 1.362.900 € (sen IVE). IVE 21 %: 286.209 €.

Importe total: 1.649.109 €. Prezo unitario: 123.900,00 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 15 de abril de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta presentada e cumpre os requisitos sinalados nos pregos.

• Lote 2: tres (3) vehículos de tipo todoterreo con capacidade mínima para cinco persoas e 2.400 litros de capacidade útil para auga.

a) Data da resolución de adxudicación: 6 de marzo de 2015.

b) Adxudicataria: Incipresa, S.A.U.

c) Importe: 371.700,00 € (sen IVE). IVE 21 %: 78.057,00 €.

Importe total: 449.757 €. Prezo unitario: 123.900,00 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 15 de abril de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta presentada e cumpre os requisitos sinalados nos pregos.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar