Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 22 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0003/2015-V e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa Fernández Ladreda, 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 22 de abril de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado por

CON-PO-0003/2015-V

Antonio Aguado Pardo

Resolución

Xefe territorial

CON-PO-0007/2015-V

María Dolores Villar Piñón

Resolución

Xefe territorial

CON-PO-0047/2015-V

Anxo Domínguez Rodríguez

Proposta de resolución

Instrutora

CON-PO-0084/2015-V

Rubén Darío Romero Ramilo

Incoación

Xefe territorial

CON-PO-0153/2014-V

María García Blanco Cicerón

Resolución

Xefe territorial

ANP-PO-0018/2015-V

Ángel Camacho Jiménez

Incoación

Xefe territorial