Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 22 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes en materia de residuos CO-RES-2014-0012 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial e pola instrutora.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos-5º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 22 de abril de 2015

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-0012.

Interesado: José Luis Gabarris Díaz.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0165.

Interesado: Santiago Barreiro Freitas.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0193.

Interesado: Taller Álvaro Fariña Lijo.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0228.

Interesada: Composmotor Santiago, S.L.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0257.

Interesada: Transpuerto Ferrol As Pontes, S.A.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.