Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 13 de maio de 2015 Páx. 18821

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte durante o primeiro cuadrimestre do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2015

Por desconcentración (Decreto 88/2013)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Data sinatura

Descrición

Importe total

16.1.2015

Convenio entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e os clubs de fútbol Unión Deportiva Ourense e Ourense Club de Fútbol para a utilización do campo de fútbol do Couto (Ourense).

-------------

1.4.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a Deputación de Ourense e o Concello de Ourense para a posta en funcionamento e mantemento das instalación do campo de fútbol do Couto (Ourense).

-------------

23.4.2015

Convenio de cooperación educativa entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Universidade de Vigo para realizar prácticas académicas externas.

--------------