Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 13 de maio de 2015 Páx. 18833

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 4 de maio de 2015 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciado pola Orde do 16 de xaneiro de 2015.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, mediante a Orde do 16 de xaneiro de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 19, do 29 de xaneiro), de conformidade co disposto no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 16 de xaneiro de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 19, do 29 de xaneiro).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar á persoa que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual da persoa que obtivo praza deberá efectuarse ao día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, na súa nova redacción dada polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, no seu caso, lle foran concedidas á dita persoa. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. O/A xefe/a do centro no que cause baixa a persoa seleccionada, así como o/a daquel no que obteña destino consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2015

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Apelidos e nome: Sánchez Carbajales, Sonia.

NRP: 5316465113 A2062.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto de traballo: subdirector/a xeral de Planificación Técnica.

Código do posto de traballo: MA.C07.00.003.15770.001.

Centro directivo: Dirección Xeral de Mobilidade.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: especial.

Nivel: 30.

Complemento específico: 18.025,32 euros.

Tipo de adscrición: adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

Titulación requirida: Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos.

Formación específica:

– Experiencia en transportes terrestres (mérito).

– Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).