Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 13 de maio de 2015 Páx. 18885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015150AL-PO, incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

O 23 de marzo de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador número 2015150AL-PO, incoado á entidade Barraca Oporto, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Barraca Oporto, S.L. o contido do referido acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, avda. Fernández Ladreda, 43, 1º e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 16 de abril de 2015

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2015150AL-PO.

Denunciada: Barraca Oporto, S.L., con CIF B27786730, propietaria do establecemento La Barraca, situado na rúa Areal, 42, de Vigo.

Último enderezo coñecido: rúa Figueiras, 22, Cabral, 36215 Vigo.

Feitos imputados: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria. Tamén se interveñen cautelarmente os produtos sobre os cales, segundo a acta de control oficial número C152117, as inspectoras consideraron que procedía a súa inmobilización provisional.

Preceptos infrinxidos:

– Artigos 14.1, 17.1 e 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

Tipificación: impútanselle dúas infraccións graves tipificadas no artigo 35.b), 2ª e 4ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Sanción proposta: seis mil dez euros con catorce céntimos de euro (6.010,14 €).