Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18733

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1358/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1358/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Restaymiño, S.L. sobre reclamación de cantidade, procedemento ordinario, se ditou a seguinte sentenza:

«Resolución

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Fundación Laboral de la Construcción, fronte á entidade Restaymiño, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Restaymiño, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 280,09 €.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Restaymiño, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de abril de 2015

A secretaria xudicial