Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18713

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 6 de maio de 2015 pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, dos/das aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), e realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde do 21 de abril de 2015 (DOG núm. 81, do 30 de abril), esta consellería, de conformidade co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios/as do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, os/as aspirantes aprobados/as que se relacionan no anexo I desta orde, ordenados/as de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo, de acordo co acto de elección de destino que tivo lugar o día 6 de maio de 2015.

Para adquiriren a condición de funcionarios/as, as persoas ás cales se refire o anexo I desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Excluír do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, aqueles/as aspirantes relacionados/as no anexo II desta orde que son nomeados/as funcionarios/as de carreira do mesmo corpo en virtude desta orde, de acordo co disposto na base IV.6 da orde de convocatoria do 20 de xuño de 2013.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

Anexo I

Núm.

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro

directivo

Centro destino

Concello

Titulación

1

33333457V

Carballido Reboredo, María Raquel

2

INC050000015770009

IN

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

D. X. de Industria, Enerxía e Minas

Santiago de Compostela

Enx. técn.industrial

2

76824350A

Castro Balboa, Diego

10

INC991000027001031

IN

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Lugo

Lugo

Enx. técn.industrial

Anexo II

Apelidos e nome

DNI

Carballido Reboredo, María Raquel

33333457V

Castro Balboa, Diego

76824350A