Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18544

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2015 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas de apoio ás iniciativas abertas de difusión, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

Mediante Resolución do 19 de decembro de 2014 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas de apoio ás iniciativas abertas de difusión, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013 (DOG núm. 248, do 29 de decembro) e procedeuse a súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2015.

As ditas bases establecen no seu artigo 10.6 que, con carácter xeral, non se enviarán notificacións individuais da resolución, e que a notificación individual se substituirá pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, no enderezo www.tramita.igape.es , ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da Resolución do 8 de maio de 2015 de concesión das axudas do Igape de apoio ás iniciativas abertas de difusión cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe «Consulta de resolucións definitivas» http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas).

Esta liña de axudas está cofinanciada polo Fondo Social Europeo nun 80 %, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013 eixe 1, tema prioritario 63, polo que a concesión desta axuda supón que o beneficiario acepta ser incluído na lista pública de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006. Así mesmo, o beneficiario deberá cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1, números 1) e 2) do Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009.

Segundo. A Resolución do 8 de maio de 2015 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica