Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18558

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (130/2014).

Procedemento ordinario 130/2014

Sobre: ordinario

Demandante: Juan Manuel Santamaría Goyanes

Demandados: Urly Transnorte 2011, S.L.U. e o Fogasa

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 130/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Santamaría Goyanes contra Urly Transnorte 2011, S.L.U., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo admitir e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Juan Manuel Santamaría Goyanes contra Urly Transnorte 2011, S.L.U. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Urly Transnorte 2011, S.L.U. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 19.758,09 euros brutos polos salarios devindicados en agosto e setembro de 2013, “complemento de longa distancia” e “media axuda de custo”, durante a súa relación laboral, así como por traballo en festivos autonómicos e locais, así como horas extras durante a súa relación laboral, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Urly Transnorte 2011, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de abril de 2015

A secretaria xudicial