Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18560

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (39/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 39/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Aller Coucheiro contra Cillero, S.L. sobre ordinario, se ditaron as resolucións en cuxa parte dispositiva se acorda:

Dispoño: despachar orde xeral de execución de sentenza nº 394/14 ditada con data do 14.11.2014 no procedemento ordinario seguido ante este xulgado co nº de autos 132/2014 a favor da parte executante, Francisco Aller Coucheiro, fronte a Cillero, S.L., parte executada, por importe de 12.112,46 euros de principal (correspondendo 11.734,73 euros ao principal obxecto de condena na sentenza e 377,73 euros ao xuro de mora procesual do 10 %) e de 1.200 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Acordo:

a) Declarar á executada Cillero, S.L. en situación de insolvencia por importe de 12.112,46 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Notificar edictalmente o despacho da execución e a presente resolución ao terse intentado notificar o despacho de execución por correo ordinario con xustificante de recepción e por exhorto no domicilio que consta en autos e que consta na indagación integral de domicilio.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cillero, S.L., en ignorado paradoiro, expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 17 de abril de 2015

A secretaria xudicial