Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18571

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 29 de Madrid

EDICTO (430/2013).

Autos número: procedemento ordinario 430/2013

Materia: reclamación de cantidade

Execución número: 8/2015

Executante: Edgar Agustín Jiménez Quezada

Executada: Sucomaga, S.L.

Elena Mónica de Celada Pérez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 29 de Madrid, fago saber que no procedemento 8/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Edgar Agustín Jiménez Quezada fronte a Sucomaga, S.L., sobre execución forzosa, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

A secretaria xudicial.

Elena Mónica de Celada Pérez.

En Madrid o dezasete de abril de dous mil quince.

Faise constar que se presentaron dous escritos na presente execución, únase aos autos da súa razón e déase traslado destes as partes.

A empresa Ortiz Construcciones y Proyectos, S.A. presenta escrito o 14 de abril de 2015 no cal manifesta que se procedeu ao embargo de contas correntes por erro por parte deste xulgado sobre esta, obsérvense as manifestacións nel contidas e, comprobadas as actuacións en autos, acórdase proceder á devolución da cantidade obtida, isto é 1.057,43 euros, ao número de conta indicado no escrito IBAN ES51 2048 0014 8334 0400 0007, continuándose a presente execución sobre a empresa executada Sucomaga, S.L.

Acórdase rectificar o decreto do 16 de febreiro de 2015 na súa parte dispositiva, acordando, polo tanto, o alzamento de embargo na presente execución de contas correntes e AEAT con respecto a Ortiz Construcciones y Proyectos, S.A., cancelándose as medidas de garantía adoptadas.

En canto ao escrito presentado polo letrado da parte executante o 9 de abril de 2015 solicitando a taxación de custas, non procede esta, xa que a LXRS no seu artigo 21.1 estable o carácter facultativo da defensa de avogado no proceso laboral, e de conformidade co artigo 241.1 da LAC que establece que se considerarán gastos do proceso e custas os desembolsos que se refiran ao pagamento dos seguintes conceptos: honorarios da defensa e da representación técnica cando sexan preceptivos.

Por todo iso, debe entenderse que os honorarios e dereitos xerados por avogados no proceso non teñen concepto de custas cando a súa intervención no proceso non é preceptiva.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición ante este xulgado, non obstante o cal se levará para efecto o acordado. O recurso deberá interpoñerse por escrito no prazo de tres días hábiles contados desde o seguinte da notificación, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente, sen cuxos requisitos non se admitirá o recurso (artigo 186.1 da LXS).

Así o acordo e asino. Dou fe.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sucomaga, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula na oficina xudicial, polo medio establecido para o efecto, salvo as que revistan a forma de auto, sentenza ou decretos que poñan fin ao procedemento ou resolvan un incidente ou se trate de emprazamento.

Madrid, 17 de abril de 2015

A secretaria xudicial