Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18498

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 10 de abril de 2015, do Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo, de contratación do desenvolvemento das actividades do Departamento de Educación Ambiental (expediente 6348/12).

1. Entidade que adxudica: Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo. Nº de expediente: 6348-12.

2. Obxecto do contrato: contratación do desenvolvemento das actividades do Departamento de Educación Ambiental do Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo.

3. Prazo de execución: un ano, máis unha prórroga dun ano.

4. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

5. Orzamento de licitación: 54.813, IVE incluído.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención de documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 26 77 83/84; fax: 986 37 08 00.

8. Presentación de ofertas: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo, Monte da Madroa, s/n, CP 36316 Teis (Vigo), ata as 13.30 horas do último día de prazo.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, Vigo. Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 10 de abril de 2015

Mª Jesús Lago Rey
Presidenta do Organismo Autónomo Municipal
Parque das Ciencias Vigo-Zoo