Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de abril de 2015 pola que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción urbanística IU2/24/2012-SA1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu interesado ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 23 de marzo de 2015, ditou resolución pola que se impón a Francisco Javier Álvarez Villamarín unha sanción na contía de 61.000 euros, como responsable dunha infracción urbanística moi grave pola realización de obras de construción dunha vivenda unifamiliar destinada a usos residenciais sen vinculación a explotación agrícola ou gandeira en Suncido, parroquia de Camos, no termo municipal de Nigrán, Pontevedra.

O importe da multa deberá facerse efectivo no prazo establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, xeral tributaria, mediante ingreso na conta da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. As resolucións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes aboaranse desde a data de recepción da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte. Se a notificación se realiza entre os días 16 e o último de cada mes aboarase desde a data de recepción da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución ao citado interesado, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso de reposición, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante o da circunscrición onde o recorrente teña o seu domicilio, a elección deste, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística