Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 20 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de axuda para a modernización das explotacións agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria 27/50160/12A.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada, que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda para a modernización das explotacións agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria.

A interesada relacionada no anexo pode recoller a devandita resolución no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento da dita resolución e a constancia de tal coñecemento.

A resolución esgota a vía administrativa. A interesada poderá interpoñer contra ela, potestativamente, un recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao desta publicación, segundo o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que a interesada poida exercer calquera outro que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Procedemento: expediente número 27/50160/12A, de axuda para a modernización das explotacións agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria.

Interesada: María Dolores Romay Justo.

Acto de notificación: resolución para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda.

Último enderezo coñecido: r/ Río Sil, 66, 3º D, 27003 Lugo.