Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 20 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0708/2014-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinala no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0708/2014-PPM e cinco máis.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º andar (A Coruña), das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido das persoas interesadas en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

A Coruña, 20 de abril de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0708/2014-PPM.

Persoa interesada: Fermín Álvarez Casais.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Camiño Chaus, nº 5, Cee.

Expediente: PSC-CO-0710/2014-ORS.

Persoa interesada: José Luis Díaz López.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Miguel Cervantes, Oseiro 7, 2º, Arteixo.

Expediente: PSC-CO-0723/2014-PPM.

Persoa interesada: Juan José Vázquez Lado.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Campo Sacramento, 103, bl. B, portal 3, Cee.

Expediente: PSC-CO-0724/2014-PPM.

Persoa interesada: Fernando Varela Fernández.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa San Pablo, nº 3, 6º esq., A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0730/2014-PPM.

Persoa interesada: Manuel Antonio Novo Lazera.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Vilanova, nº 22, Cee.

Expediente: PSC-CO-0731/2014-ORS.

Persoa interesada: Ramón Patiño Vázquez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Ponte de Caranza, nº 24, 2º dta., Ferrol.