Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18231

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Traballo e Benestar

DECRETO 68/2015, do 7 de maio, polo que se dispón o cesamento de Ovidio Rodeiro Tato como director xeral de Xuventude e Voluntariado.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Traballo e Benestar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de maio de dous mil quince,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Ovidio Rodeiro Tato como director xeral de Xuventude e Voluntariado, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, sete de maio de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar