Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18103

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (813-2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 813/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Belén Mosquera Veiga contra a empresa María Pastora Toral Pérez, Antonio Toral Díaz sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decido que debo estimar parcialmente a demanda interposta por instancia de Mª Belén Mosquera Veiga, representada e asistida polo letrado Sr. Castro Martínez, contra María Pastora Toral Pérez, asistida polo letrado Sr. López Mosteiro, contra Antonio Toral Díaz e herdeiros de Sara Toral Pérez, que non comparecen malia estar debidamente citados, sobre despedimento e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento da traballadora con condena dos herdeiros de Sara Toral Pérez, (con cargo á masa hereditaria) a que aboen á demandante a indemnización de 2.358,3 euros en concepto de indemnización, desestimando a demanda no resto das peticións efectuadas e absolvendo a María Pastora Toral Pérez e Antonio Toral Díaz, dos pedimentos efectuados na súa contra.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a herdeiros de Sara Toral Díaz, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2015

A secretaria xudicial