Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18096

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín

EDICTO (18/2013).

Damián Vega de las Heras, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín, polo presente edicto anuncio que no presente procedemento de divorcio 18/2013 seguido por instancia de Luzia Camilo Leles fronte a Abilio Moreira Ribeiro ditouse sentenza baixo o número 21/2015 e cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución:

Declaro disolto por divorcio o vínculo matrimonial existente ata entón entre Luzia Camilo Leles e Abilio Moreira Ribeiro.

Declaro a disolución do réxime económico matrimonial.

Non se efectúa pronunciamento en materia de custas.

Así, por esta a miña sentenza, contra a que cabe recurso de apelación, pronúncioo mándoo e asínoo.

Roberto Porto García, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín».

E para que conste e sirva de notificación a Abilio Moreira Ribeiro, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Verín, 11 de marzo de 2015

O secretario xudicial