Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 16 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-CO-0709/2014-ORS e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0709/2014-ORS e dous máis.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º andar (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 16 de abril de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0709/2014-ORS.

Persoa interesada: Elsa Canosa Liñeiro.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: lugar de Denle, nº 23, Fisterra.

Expediente: PSC-CO-0721/2014-PPM.

Persoa interesada: Mª Isabel Ceide López.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: Beiramar, nº 2, 5º E, Edificio Beiramar, Oleiros.

Expediente: PSC-CO-0732/2014-PPM.

Persoa interesada: Rosa Romero Borja.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: Alimar 2000, A Ponte Pasaxe, A Coruña.